Os temómetros rozarán hoxe os 30 graos en Ourense
Hoxe é un deses días que nin sabe un como vestir. Vendo estas imaxes parece que estamos de cheo no outono. Estas outras apuntan máis cara á primavera. Esta mañá as temperaturas mínimas confundíronse coas máximas.
"Hoxe ao principio, pola mañá, había bastante calor e despois ao longo do día mantívose esta temperatura e non hai queixa por agora", " Agora este tempo é de primavera, parece", "Eu aguanto mellor a calor que o frío así que para min está moi ben", "Como hai humidade por iso se nota máis calmuzo", "Porque temos sur, os refachos de vento do sur xa sabemos que a calor nos pega e o mar está como un prato", comenta a xente que estaba paseando por Riazor.
O mar está como un prato pero a auga, seica estaba moi fría.
"A auga está coma sempre fría, esta xeada, igual que meterse nun conxelador, cando saes é agradable que che dea un pouquiño o sol", apuntaba unha señora.
Mañá as mínimas baixan e xa pola noite esperamos a chegada das choivas que serán persistentes sobre todo na costa.
"Temos moito tempo sen chover e fainos falta auga". "A ver como respecta a fin de semana, que é o importante", opinan uns veciños.