CRTVG

Buscar

Os Tedax detonan un artefacto explosivo que apareceu nunha leira de grelos en Lugo

Publicado o 09/03/2021 20:09

É o burato en que realizaron a explosión controlada do que semella ser un obús da guerra civil. Un veciño de Carballido, en Lugo, atopouno mentres apañaba grelos. Por fortuna descubriuno a tempo de evitar unha desgraza e falou co seu irmán para alertar a policía. 

Para evitar riscos os Tedax da Policía Nacional realizaron unha explosión controlada do artefacto lonxe das vivendas.

Os veciños ollaban abraiados o que acontecía, e o estourido escoitábase en toda a parroquia.

Comentan que non é a primeira vez que aparecen restos de explosivos, a maioría da época en que había prácticas nas antigas instalacións militares situadas a pouco máis dun quilómetro.

Noticias web

09/03/2021