Os técnicos traballan sen descanso para que os negocios recuperen a normalidade tras as treboadas
Publicado o 14/09/2021 15:48
Despois dos momentos de tensión que se viviron no hipermercado do Burgo nas últimas horas, hoxe toca facer balance dos danos. Por aquí foi por onde a auga entrou sen control, despois de que a cuberta cedera. Apenas foron quince minutos que hoxe moitos lembran como un auténtico pesadelo.
Afortunadamente, houbo tempo de desaloxar a tenda, sen danos persoais. Hoxe outros moitos establecementos do centro comercial, ademais do hipermercado, tamén permanecen pechados, coa mercadoría danada e sen saber cando van poder reabrir.
E fóra a cousa non estaba mellor, a chuvia a cachón deixou un regueiro de danos en toda a comarca.