CRTVG

Buscar

Os técnicos teñen 20 días para presentar o informe do inventario de Meirás

Publicado o 11/11/2020 20:34

Unha comisión de técnicos e avogados, encabezada pola titular do xulgado de primeira instancia número un da Coruña, comezaron o inventario dos bens do pazo de Meirás. Realízase para evitar o expolio, por parte da familia Franco dos bens que poden ser de titularidade pública, entre eles as estatuas do Mestre Mateo e a biblioteca de Emilia Pardo Bazán.

"Isto demóstranos que cando se actúa con criterio, con rigor e con fundamentos pois lógranse vitorias colectivas tan importantes como pode ser esta, que é un logro da sociedade galega",afirma o conselleiro de Cultura.

Un proceso xudicial que vai rematar o próximo 10 de decembro cando a familia Franco deberá devolver o pazo, o que fora a residencia de verán do ditador, ao patrimonio público. Unha data que vai ser histórica, segundo o alcalde de Sada.

"Entendemos que é moi importante ese día, é un momento onde o pobo, por fin, ve que se pode facer xustiza despois de tantos anos", di o alcalde de Sada.

A comisión abandonou o pazo tras varias horas de rexistro. Agora dispoñen de 20 días para elaborar o informe de todo o inventariado.

Noticias web

11/11/2020