CRTVG

Buscar

Os técnicos forestais esixen ante Medio Rural unha mellora das condicións laborais

Publicado o 16/05/2019 16:26

Técnicos forestais da Xunta protestaron hoxe diante da Consellería de Medio Rural, en Santiago.
Piden que se abra unha mesa de negociación para conseguir melloras laborais para o colectivo. Queren que se lles recoñezan 500 horas de gardas nocturnas que fan ao ano e que se cumpran os descansos semanais que establece a normativa. Ademais, consideran necesario que se amplíe substancialmente o persoal para poder facer fronte ao aumento das súas tarefas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/05/2019