CRTVG

Buscar

O mar bravo impide extraer o combustible do Divina del Mar

Publicado o 13/11/2019 13:25

O Divina del Mar resiste, pero ten os días contados. Desde a confraría de Portosín confirmaron que vai ser desmantelado cando a investigación realice as inspeccións oportunas e mellore o tempo. Segundo o técnico de Salvamento Marítimo, ten un costado desfeito porque as mareas movérono como se fose un papel.

Técnicos de Salvamento Marítimo e Protección Civil intentaron sen éxito, pola mañá, achegarse aos depósitos para retirar o gasóleo. É agora mesmo, a prioridade.

"Non sabemos nin canto queda dentro. Aqui xa ule a gasóleo, así que o máis importante é sacar todo o posible", asegura Marcos Riestra, técnico de Salvamento Marítimo.

As condicións meteorolóxicas impediron este martes que o helicóptero Pesca I puidera comprobar se había manchas de combustible na zona. Nas praias próximas apareceron xa caixas do pescado polo Divina del Mar, que volvía de pescar cando embarrancou.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/11/2019