CRTVG

Buscar

Os técnicos de radioloxía multiplican o seu traballo durante a crise

Publicado o 01/05/2020 14:30

De ser considerados persoal sanitaro de baixo risco a convertese en fundamentais para detectar casos de COVID. Os técnicos de radioloxía tiveron que reconverterse e ao seu traballo habitual agora súmanlle os traslados ás habotación para facer probas torácicas portátiles.

O virus deixa marcas recoñecibles nas placas de tórax, polo que estes profesionais tamén axudan a detectar os casos máis complicados.

Con delantais de sete quilos de peso e cumprido con todas as medidas de seguridade, estes profesionais convertéronse en claves na loita contra esta pandemia.
 

Noticias web

01/05/2020