Os técnicos analizan o impacto do derrube nun dos arcos da praia das Catedrais
Publicado o 01/12/2020 15:02
Logo do espectacular derrubamento rexistrado nun dos arcos da praia das Catedrais, en Ribadeo, os técnicos estudan agora que medidas tomar para conservar esta zona e garantir a seguridade.
Din os expertos que é habitual a caída de pedras polos efectos do mar e as filtracións nos cantís, pero non tan grandes coma este último.
Por fortuna non houbo ningún ferido. Agora toca revisar a zona e tomar medidas.
Veciños e turistas non ocultaban a súa sorpresa polo acontecido, malia que algúns din que era algo que se vía vir.
A praia das Catedrais conta con sinais de advertencia de perigos por desprendemento de pedras, como o que lle custou a vida a unha turista na Semana Santa de 2018.