CRTVG

Buscar

Os taxistas en folga bloquean os accesos a Baraxas e IFEMA en Madrid

Publicado o 22/01/2019 21:22

Os taxistas de Madrid trasladaron as protestas da Porta do Sol a IFEMA, que nunhas horas se converterá no centro neurálxico da capital coa inauguración de FITUR, a feira de turismo que agarda 250.000 persoas. Conscientes dese impacto, medio milleiro de manifestantes cortaron a primeira hora a M-40 á altura do recinto feiral, onde convocaron asembleas informativas para decidir se aumentan as protestas.

Tamén cortaron con marchas a pé a M-11 nos accesos ao aeroporto de Baraxas. Non aceptan a proposta de reforma expresa das empresas VTC que onte lles fixo a Comunidade de Madrid, tras unha reunión de seis horas. A principal discrepancia está no tempo de precontratación, que os taxistas piden que sexa de horas.

Esa é a esixencia que hoxe levarán os taxistas de Barcelona á reunión no departamento do Territorio. Tras seis días de folga, continúan as marchas polas rúas do centro da cidade, e os manifestantes conversan cos seus colegas franceses para estender a protesta á fronteira gala. Mentres, os Mossos investigan unhas 70 denuncias por danos e agresións a vehículos de transporte con condutor.

Noticias web

22/01/2019