CRTVG

Buscar

Os taxistas de Vigo xa poden pactar o prezo ou descontos cos clientes

Publicado o 28/10/2019 15:14

En Vigo, os taxistas poderán pactar os prezos cos seus clientes ou ofrecer descontos nos casos de servizos preestablecidos. A iniciativa desenvolvese coa modificación da Lei do transporte público de Galicia e contribuirá a unha competencia leal cos VTC.

Na cidade, os traxectos convencionais seguirán funcionando con taxímetro. A novidade é para servizos preestablecidos, en que os taxis poderán ofrecer descontos ou pactar o prezo do servizo cos seus clientes.

A iniciativa desenvolverase en toda a comunidade e forma parte das medidas fiscais que acompañan os orzamentos do Goberno galego. A conselleira de Infraestruturas reuniuse en Vigo co sector para abordar a reforma. O obxectivo é que a competencia cos VTC sexa leal.

Vázquez anunciou que a partir de novembro se reforzará a inspección dos VTC.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/10/2019