Os taxistas de Madrid desconvocan a folga indefinida
Publicado o 05/02/2019 21:28
Os taxistas madrileños deciden desconvocar a folga indefinida, que cumpría hoxe a súa décimo sexta xornada.
Segundo fontes do sector, na consulta participaron 13.000 dos 16.000 taxistas que hai en Madrid. O 54 % votou a favor de desconvocar a folga, e o 45, en contra. O referendo decidiuse despois da negativa do Goberno madrileño a lexislar en contra dos VTC.