CRTVG

Buscar

Os taxistas de Madrid ábrense a negociar a precontratación para os VTC

Publicado o 01/02/2019 08:34

Uber e Cabify deixan de operar en Barcelona hoxe mesmo, cando entra en vigor o decreto da Generalitat que, entre outras cousas, obriga a contratar os servizos de VTC con 15 minutos de antelación. Un requisito, o da precontratación, que tamén demandan os taxistas de Madrid, que esta noite acamparon en Sol.

Con todo, na última proposta que lle remitiron ao Goberno autonómico ábrense a negociar ese punto, para tratar de achegar posturas. Nun principio os taxistas pedían unha hora de precontratación para os VTC, e que o traxecto fose como mínimo de 5 quilómetros, unha esixencia que a Comunidade de Madrid rexeitou por radical.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/02/2019