CRTVG

Buscar

Os taxistas de Galicia súmanse ao paro convocado no sector

Publicado o 30/07/2018 14:38

Os taxistas de Galicia decidiron sumarse a esta folga desde este mesmo mediodía.

A Federación de Taxistas, que agrupa os principais colectivos das catro provincias, dediciu esta mañá por unanimidade sumarse ao paro convocado polo sector a nivel nacional.Desde as 12 deste este mediodía e ata a medianoite de mañá martes tan só funcionarán os servizos mínimos establecidos.

Os taxistas din que a situación do sector é insostible tamén nas principais cidades galegas e poñen como exemplo esta cidade de Santiago, onde hai máis desporporción entre as licenzas de taxis e de vehículo VTC de alugueiro con condutor. Aquí hai unha por cada catro taxis.

Noticias web

30/07/2018