CRTVG

Buscar

Os taxistas de Cambre comezan a usar ozono para desinfectar os vehículos

Publicado o 27/04/2020 20:12


José Antonio Mouriño é un dos vinte e seis taxistas de Cambre que desde a semana pasada se desprazan ata a base de Protección Civil do Concello para desinfectar o seu vehículo con ozono. Faino cunha máquina que vai conectada á rede eléctrica e que ten que meter no coche. Un proceso que dura dez minutos para unha desinfección total

"Temos que meter a máquina dentro, facer a desinfección competente. Dura dez minutos e con iso queda desinfectados o vehículo, tanto tapicerías xoma calquera obxecto que nese momento estea no habitáculo do vehículo, queda totalmente desinfectado para poder traballar con el en perfectas condicións", sinala José Antonio Mouriño.

Esta desinfección con ozono faise dous días por semana, agás que haxa algunha sospeita dalgún pasaxeiro contaxiado, xa que non poden esixirlles aos clientes que suban ao coche con máscaras e luvas

 " Se tes algunha sospeita que entre algún pasaxeiro infectado, aínda que sexa fóra deses días e dese horario, aténdenos perfectamente para facer a desinfección", afirma José Antonio Mouriño.

Desde que comezou esta crise sanitaria, e como no resto dos turismos, nos taxis só pode viaxar o condutor e outra persoa máis, agás que esta última vaia cun menor ou cunha persoa dependente e gardando no posible a distancia de seguridade

Noticias web

27/04/2020