CRTVG

Buscar

Os taxistas de Barcelona votan se aceptan a oferta da Generalitat levantan a folga

Publicado o 23/01/2019 21:04

Os taxistas de Barcelona deciden a esta hora se levantan a folga que manteñen desde hai seis días. Están votando se aceptan ou non a oferta da Generalitat, que rectificou o seu proxecto inicial e propón, entre outras cousas, aumentar de quince minutos a unha hora o tempo de precontratación dos VTC, dos vehículos de alugueiro con condutor. A votación faise nun clima de tensión interna entre o sector, tras a dimisión, esta mesma mañá, do comité de folga. As empresas Uber e Cabify manteñen a súa ameaza de irse de Barcelona se sae adiante o decreto do Goberno catalán. E din que con eles se van 3.500 empregos.

Noticias web

23/01/2019