CRTVG

Buscar

Os taxis e os VTC xa poden ocupar con clientes todas as prazas do vehículo

Publicado o 17/02/2021 17:11

Foi un dos sectores que se derrrubou durante o estado de alarma. Sen mobilidade nas rúas, moitos taxistas decidiron quedar na casa.

"Quedei na casa porque vin traballar uns días pero era cero facturación", cóntanos Paco, un taxista de Pontevedra.

"Paramos, eu que sei, igual un 70 %", apunta Ramiro, tamén do gremio.

Os que seguen notaron como minguaron os ingresos. Lonxe quedan aqueles días nos que facían de media 100 euros.

"Mermaron eu calculo entre o 60 % por cento menos", comenta Ramiro.

Pois onte botei quince horas no traballo e de 15 horas fixen 30 euros. Non defendemos o salario, en vez de meter para o caixón, temos que sacar", comenta Fermando con 33 anos de profesión.

32 anos leva Tino que nos conta que chegan a fin de mes co que van facendo e tirando dos aforros que lles quedan.

Malia que se esforzan moito en manter o habitáculo limpo, o medo ao contaxio existe, porque ás veces levan persoas infectadas.

"Entendo que hai que levalos igual, teño levado a algún conscientemente de que era evidentemente tomaba máis medidas que sin non o soubera", fala Ramiro.

Pero non só hai medo ao contaxio.

"O que máis medo me dá?  ir á ruína, que me embarguen, que me quiten o negocio por impago",  laméntase Paco.

Para moitos dos taxistas estas novas medidas pouco van aliviar a súa situación, que só a salva o retorno á mobilidade.

Noticias web

17/02/2021