CRTVG

Buscar

Os talleres de bicicletas, ateigados de encargos nos últimos días

Publicado o 06/05/2020 15:32

Despois de semanas de confinamento e inactividade, a bicicleta está a espertar paixóns. Non se vira antes tanta xente practicando ciclismo.

Un mozo di que a rúa está concorrida e outro explica que a pasada fin de semana foi inchar as rodas a unha gasolineira e había unha cola de 30 persoas.

Andreas Cachede, xerente dun negocio de bicicletas, cóntanos que a xente ten ganas de saír e que está tola por facer deporte e baixar quilos.

Os negocios de venda reciben máis pedidos ca nunca e non dan feito arranxando os vellos modelos que a xente rescata dos rochos.

Andreas di que lle chegan con modelos antigos e que están colapsados co traballo. Di que traen a bici un día e xa a queren para o seguinte.

Un mozo di que é mais entretido que correr e que había cinco anos que non a usaba.

Un señor conta que onde vive nunca vira tantos ciclistas e que a bicicleta é un medio de transporte espectacular que ademais permite facer exercicio.

De feito, en moitas grandes cidades do mundo están xa a deseñar a ampliación dos carrís bici como medio de transporte alternativo xa que, amais de facilitar o distanciamento social, é san e ecolóxico.

Noticias web

06/05/2020