CRTVG

Buscar

Os talibáns prohiben que os afgáns accedan ao aeroporto de Cabul

Publicado o 24/08/2021 16:20
EFE

Os talibáns anunciaron este martes que, para evitar que continúe o caos no aeroporto de Cabul, a partir deste momento os cidadáns afgáns non poderán ir ao aeródromo, unha medida que dificultará os intentos de Estados Unidos e doutras nacións de evacuar os aliados afgáns vulnerables no país.

"Non está permitido a ningún afgán ir ata o aeroporto", dixo nunha conferencia de prensa en Cabul o principal portavoz insurxente, Zabihullah Mujahid, que asegurou que "a multitude no aeroporto debe volver ás súas casas" e eles garantirán a súa seguridade.

Só os estranxeiros poderán acudir á terminal, engadiu, para tratar de poñer fin así ao caos desatado tras a toma de poder dos talibáns, con decenas de miles de persoas tratando de abandonar o país á desesperada nos voos de evacuación. 

Noticias web

24/08/2021