CRTVG

Buscar

Os talibáns anuncian que permitirán voos comerciais ao estranxeiro a partir de setembro

Publicado o 25/08/2021 21:39

Os talibáns anuncian que permitirán voos comerciais ao estranxeiro despois do 31 de agosto, e que as persoas con documentos legais poderán abandonar o país, pero os gobernos occidentais non se fían.

España enche os avións ao límite para acelerar a evacuación de colaboradores. As nosas tropas mesmo saen do aeroporto a buscar os que están máis preto. Os Estados Unidos multiplican tamén o número de voos para completar a retirada total este mes. Máis de 82.000 persoas fuxiron dende o aeroporto de Cabul dende que os talibáns tomaron o país.

Noticias web

25/08/2021