CRTVG

Buscar

Os surfistas agardan o Panchorro, unha onda xigante que pode acadar 20 metros

Publicado o 23/01/2019 21:13

Sobre a táboa Axi Muniain, un dos mellores surfistas do mundo que hoxe se adestrou en Ribadeo para o Illa Pancha Challenge, un campionato de ondas xigantes único en Galicia. Aínda non hai data oficial para este evento, en que agardan a borrasca perfecta que forme ondas que poden acadar os 20 metros, pero mentres o temporal permitiulles a algúns cabalgar as primeiras ondas.

Cando chegue o día citaranse aquí os 24 mellores surfistas de todo o mundo e o evento está a xerar unha grande expectación.

A contorna de Illa Pancha converterase nun escenario de luxo onde ver de preto a estes domadores de ondas.

Noticias web

23/01/2019