Os supermercados negan risco de desabastecemento
• Os últimos usuarios de viaxes do Imserso parten cara aos seus destinos
• As dúbidas asaltan os consumidores pola cancelación de viaxes
Preguntamos na vila de Ordes, por exemplo, se se ve risco de desabastecemento nos supermercados.
"Onte non había, para nada. Hoxe non sei, vou facer algo de compra agora", di un veciño.
E, cando sae do supermercado, confirma a sensación de normalidade: "Máis ou menos coma sempre. Non vin nada fóra do normal".
Fóra do normal foron imaxes coma as de onte nun supermercado biscaíño. Reflicten o momento de compras impulsivas en certas zonas.
"Si, si. Pero eu, coma sempre. Non fixen máis nin menos. Non estou emparanoiada aínda".
Os distribuidores de supermercados negan problemas de desabastecemento e recomendan non almacenar produtos na casa. Recoñecen que estes días hai máis vendas.
"Dixeron que había un pouco máis do normal. Pero os estantes están completos".
A distribución traballa arreo estes días. Dinnos dende os supermercados que en Galicia o único problema puntual de abastecemento se dá nos desinfectantes.
Nada de acaparamento. A única medida contra o medo ás portas do supermercado eran as luvas dunha muller.