CRTVG

Buscar

Os socorristas piden coordinación nos areais, ante un verán "difícil"

Publicado o 04/06/2020 13:19

O vindeiro 15 de xuño comeza a temporada de praias en Galicia. En moitos concellos a contratación de socorristas aínda está no aire.

O estado de alarma provocou un atraso nos contratos, pero esta fin de semana celébranse probas para cubrir prazas en varios municipios.

Os socorristas prevén que será un verán difícil para eles, polo que piden coordinación para poderse centrar-din- no seu traballo e tamén na súa propia protección ante o coronavirus.

Nuria Rodríguez, presidenta da Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia: "Os socorristas o que pedimos é coordinación entre Emerxencias, Protección Civil, Policía Local, para intentar controlar acollidas e os socorristas facer o traballo, coa prevención que será maior este ano, e intentar facer os menos rescates posibles, porque vai ser un ano difícil".

Noticias web

04/06/2020