CRTVG

Buscar

Os socorristas de Samil denuncian cunha concentración as malas condicións do seu traballo

Publicado o 27/07/2019 19:32

Cada verán, os socorristas de Vigo atenden preto de 5.000 incidencias, axudan a bañarse a persoas con problemas de mobilidade ou fan manobras de reanimación, atenden picaduras de fanecas ou esvaecementos.

Fano, segundo din, con roupa vella e mal tallada, sen crema de protección solar ou sen respectar as libranzas que contempla o convenio. Cobran mil cen euros brutos coas pagas prorrateadas. Hoxe protagonizaron unha xornada de protesta na praia de Samil.

Preto de sesenta e cinco socorristas traballan nas praias de Vigo. Atenden unhas 5.000 incidencias nos tres meses de verán. Protexen tamén as illas Cíes e axudan a bañarse a persoas con problemas de mobilidade no Vao e en Samil. Cobran só 1.100 euros brutos e critican o mal estado da súa roupa, o sistema de libranzas e que ás veces non teñen nin crema de protección solar. No que vai de ano e malia a climatoloxía irregular atenderon xa 1.400 casos, algúns moi graves.

Apuntan que a concesionaria, unha empresa da Coruña, non respecta o convenio nin o prego de condicións que asinou co Concello de Vigo, por iso desenvolveron unha concentración esta mañá nas inmediacións do posto principal de Samil.

Noticias web

27/07/2019