Os socorristas da praia deberán cumprir con novos protocolos pola Covid-19
A partir do próximo luns xa os veremos en moitos areais galegos. O servizo de socorrismo chega coa nova temporada de praia, pero tamén eles terán que adaptarse á nova normalidade. Isto é que se teñen que facer algunha manobra de reanimación cardiopulmonar, vai ser só con compresións. O boca a boca queda prohibido
"Antes tiñamos esta máscara que lle poñiamos á vítima e faciamos a resucitación, as insuflacións... Este ano imos ver o balón resucitador, similar, ou sexa unha cousa que vai ter a mesma función. Isto ponse na boca e no nariz da vítima, apértase e sae o aire. Isto é a bolsa reservorio e sae o aire", explica Nuria Rodríguez
Outro dos protocolos cos que deberán cumprir os socorristas é o de gardar a distancia de seguridade. Así, á hora de facer un rescate terán que levar un equipo auxiliar para colocar entre o rescatador e a posible vítima
"O que vai pasar cando nos atopemos cunha vítima na auga, o que vai facer o socorrista é ir a pola vítima sempre con material auxiliar, sexa un floppy ou calquera cousa que o que lle permita sexa unha distancia coa vítima", afirma Nuria Rodríguez
Sobre a utilización das máscaras por parte dos socorristas, depende da normativa de cada concello. Desde a Federación de Salvamento de Socorrismo lembran que se a chamada á precaución sempre foi importante, este ano se cadra aínda o é máis