CRTVG

Buscar

Os socorristas advirten da necesidade de respectar a normativa nas praias

Publicado o 10/08/2018 15:03

O mar é un espazo de lecer onde deben convivir nestas datas os bañistas coas persoas que practican algún tipo de deporte náutico. Os socorristas advirten da necesidade de respectar a normativa. De non facelo as multas poden chegar ata os tres mil euros.

Son imaxes que podemos observar estes días en calquera praia de Galicia. Bañistas que conviven a pé de praia con usuarios de embarcacións e coa práctica de deportes náuticos.
A normativa para evitar accidentes é clara. Hai unha zona de especial protección paralela á costa de 200 metros de ancho na que a navegación está prohibida. É un espazo reservado exclusivamente a bañistas na que está prohibida a práctica de deportes náuticos. As embarcacións só poden acceder á praia a través da canle balizada.

No último extremo está sempre a sanción. Os infractores poden enfrontarse a multas que van dos 300 aos tres mil euros nos casos máis graves.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/08/2018