CRTVG

Buscar

Os socios de En Marea escenifican un achegamento de cara ás municipais

Publicado o 09/05/2019 15:22

Esta mañá En Marea presentaba a súa candidata ás europeas. Lidia Senra aspira a repetir escano. Vai de número dous na coalición liderada polo partido valenciano Compromís.

No encontro, Luís Villares referiuse ao acto organizado onte por Compostela Aberta, en que participaron tanto el mesmo como representantes de Anova e Podemos, escenificando así un achegamento entre os socios de En Marea.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/05/2019