CRTVG

Buscar

Os socialistas rachan as negociacións con Geroa Bai en Navarra

Publicado o 19/06/2019 11:27
Os socialistas rachan as negociacións con Geroa Bai en Navarra

A reunión que PSN, Geroa Bai, Podemos-Ahal Dugu e Esquerda-Ezkerra mantiveron a primeiras horas da mañá concluíu sen un acordo sobre a Mesa do Parlamento de Navarra, o que supón a ruptura de negociacións.

Do mesmo xeito que sucedeu a medianoite, no encontro non se lograron salvar as diferenzas para a repartición de cargos no órgano reitor da cámara.

A reunión era un último intento de tratar de chegar a un acordo antes da sesión de constitución da cámara, que comeza ás 11:00 horas. 

Noticias web

19/06/2019