CRTVG

Buscar

Os socialistas portugueses gañan as eleccións, pero non logran a maioría absoluta

Publicado o 08/10/2019 10:20

Os socialias portugueses gañaron as eleccións, pero van necesitar buscar apoios para gobernar. Melloraron os datos de hai catro anos, o que lles vai permitir pactar cun só partido e non con dous como da última volta. Foron unhas eleccions marcadas pola abstención. Case a metade dos electores non foron votar.

A noite pasada, António Costa, o actual primeiro ministro, estaba contento pola vitoria, pero pensando xa nos apoios que precisa. Nos últimos catro anos, os socialistas gobernaron co beneplácito no Parlamento do Bloco de Esquerdas e dos Comunistas. Agora, con novos números na man, Costa só precisa a un deles para volver ser investido. Pode facelo porque subiron 4 puntos, 20 escanos en comparación coas eleccións de 2015, e o principal competidor, o Partido Socialdemócrata, caeu 7 puntos.

O líder desta formación, Rui Rio, di que non pasou nada, que as enquisas daban peores resultados, pero xa hai voces dentro do partido que esixen un cambio de cúpula na formación. A que non esperou nin a que deran os resultados finais do escrutinio foi a candidada dos Democristiáns que dimitía ao obter os peores resultados da historia do seu partido.

Estas eleccións serán recordadas polo récord de abstención, case a metade dos portugueses non votaron e tamén destacan porque a Asemblea da República terá nesta lexislatura máis mulleres, máis descendentes de colonias africanas e tamén novas formacións políticas.

Nos vindeiros días veremos se se repite unha versión da famosa xeringonça, todo a punta a que si. Que será o Bloco de esquerdas o que apoie a Costa na investidura a cambio de pactos puntuais.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/10/2019