CRTVG

Buscar

Os socialistas gobernarán en minoría en Portugal

Publicado o 11/10/2019 20:51


En Portugal o Partido Socialista gobernará en minoría con apoios puntuais no Parlamento. Despois dunha rolda de contactos cos partidos da esquerda estas formacións darán vía libre ao nomeamento de António Costa como primeiro ministro. Xa non haberá máis xeringonza. Así é como se lle chamou ao apoio do bloco de esquerdas e dos comunistas nos últimos catro anos ao goberno dos socialistas de Antonio Costa.
Tras as eleccións do domingo, Costa reuniuse con todos os partidos da esquerda para expoñerlles o seu programa de goberno e ningún rompeu lazos con el e víronse abertos ao diálogo pero só para sacar adiante leis e propostas puntuais. Todos están dacordo ademais en apoiar os orzamentos do goberno na votación da Asamblea da República.

Avecíñase pois en Portugal unha lexislatura de moito diálogo, xuntanzas, debate e oposición dura para sacar adiante as propostas do goberno socialista revalidado.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/10/2019