CRTVG

Buscar

Os socialistas gobernarán en minoría en Ferrol tras fracasaren as negociacións con Ferrol en Común e co BNG

Publicado o 02/07/2019 14:48

Os socialistas gobernarán en minoría na cidade de Ferrol, tras fracasaren as negociacións con Ferrol en Común e co BNG.

Foi unha decisión amistosa, din. Tanto que o actual alcalde, Ángel Mato, e o ex-rexedor de Ferrol en Común Jorge Suárez compareceron xuntos ante os medios para explicar que o PSOE gobernará en solitario, só cos seus oito concelleiros, dos 25 que ten a corporación.

Esas coincidencias quedaron plasmadas nun acordo de colaboración con 10 puntos programáticos.

Para o Partido Popular, que quedou a un concelleiro da maioría absoluta, esta é unha mala noticia para a cidade.

Aínda co apoio puntual de Ferrol en Común, Mato segue precisando os dous votos do BNG, co que non foi capaz de chegar a ningún acordo.







 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/07/2019