CRTVG

Buscar

Os socialistas galegos fan unha lectura positiva dos resultados, malia perder a condición de primeira forza política na comunidade

Publicado o 11/11/2019 14:51

Gonzalo Caballero queixouse de que baixase a participación, pero celebra que o PSdeG conserve os 10 escanos que obtivo en abril. E ante a desaparición de Ciudadanos do mapa político galego e e a volta ao Congreso do BNG, cre que o seu partido está en condicións de liderar o que define como nova maioría social de progreso.

"Estamos satisfeitos e cumprimos os obxectivos que tiñamos para ter un apoio suficiente e amplo que referende esa nova maioría social. As forzas progresistas superan en máis de 130.000 votos a dereita en Galicia. O PSdeG ten un plus de capacidade, de impulso ao acadar en Galicia tres puntos máis ca a media do PSOE no conxunto de España", dixo Caballero.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/11/2019