CRTVG

Buscar

Os socialistas agardan que Pablo Iglesias desbloquee a investidura de Sánchez

Publicado o 06/07/2019 11:35

Falámoslles agora da futura investidura de Pedro Sánchez. As negociacións entre o PSOE e Podemos continúan en punto morto. Pablo Iglesias rexeita a proposta de Sánchez para que a formación morada propoña membros do Goberno cun perfil independente. Malia os desencontros, no PSOE confían en que na xuntanza do vindeiro martes, Pablo Iglesias dea pasos para desbloquear a investidura.

As negociacións entre PSOE e Podemos non avanzan. O punto de tensión: a fórmula de goberno. Pedro Sánchez rexeita a presenza dos de Podemos porque, asegura, defenden a autodeterminación. E suxírelle a Iglesias que propoña persoas cun perfil independente para os ministerios. Desde Podemos rexeitan esta oferta.

Celaá tamén lle reclamou ao PP e Ciudadanos sentido de Estado e pídelles que non obstaculicen a investidura de Pedro Sánchez.

Noticias web

06/07/2019