Os sistemas de fichaxe facial veñen para quedar
Publicado o 29/04/2021 15:37
O sistema de recoñecemento facial vén substituír a fichaxe horaria con tarxetas ou con impresión dixital. Non se almacenan imaxes, polo que se garante a protección dos datos dos traballadores.
Isabel Cantó, directora xeral de Bodet, explica que o aparello usa uns puntos para identificar a cara e crea un algoritmo: "Na base de datos vai figurar o nome dun empregado asociado a un algoritmo e nunca a unha foto".
En Galicia, a cafetería e o albergue do Monte do Gozo contan xa con este sistema. No último ano a súa demanda incrementouse nun 80 %.
Carlos Carballo, delegado comercial de Bodet en Galicia, di que o sector industria e o dos servizos son os que máis o demandan. Cada aparello pode almacenar os datos duns 10.000 traballadores.