CRTVG

Buscar

Os síntomas da covid persistente afectan máis as mulleres

Publicado o 26/08/2021 21:23
Os síntomas da covid persistente afectan máis as mulleres

Pasou xa máis de ano e medio dende o inicio da pandemia. Milleiros de persoas infectadas e algunhas delas aínda padecendo as secuelas que o virus deixa no organismo. É a covid persistente: síntomas que van dende o cansazo ata dores musculares ou perda de memoria. Nas consultas advirten que é máis frecuente en mulleres.  

Que efectos a longo prazo deixa acovid-19 no organismo das persoas que a padeceron? Os síntomas son diversos: dor de cabeza, perdas de memoria ou dores musculares están entre os máis frecuentes. Pero a secuela da que máis se queixan os pacientes é esa sensación de cansazo. 

Está considerado dentro do normal que estas pegadas da enfermidade persistan durante catro ou seis meses, pero hai quen padece estas secuelas mesmo un ano despois. Polo momento, non existe un tratamento nin un fármaco eficaz contra a chamada covid persistente. 

Xeralmente a covid persistente é a manifestación dun sistema inmunitario que aínda loita contra o virus. Afecta máis as mulleres entre os 40 e os 55 anos. En xente nova é moito menos frecuente, pero tras os contaxios que se están producindo nos últimos meses estanse vendo casos nas consultas en menores de 20 anos. 

Noticias web

26/08/2021