CRTVG

Buscar

Os sindicatos saen á rúa contra a sentenza do Constitucional que avala o despedimento con baixas xustificadas

Publicado o 27/11/2019 15:38

Concentración diante do Congreso dos Deputados. Os sindicatos advirten de que a sentenza do Constitucional xa ten un efecto chamada sobre os despedimentos, e tamén que motiva altas voluntarias de traballadores que están enfermos.

Mensaxe para o futuro goberno. Esixen a derrogación do artigo 52D da reforma laboral de 2012 que avala o que denominan o despedimento por enfermidade.

O secretario xeral da UXT anunciaba desde as portas dos xulgados da Coruña novas accións para deter o despedimento de traballadores por baixa laboral xustificada.

Noticias web

27/11/2019