CRTVG

Buscar

Os sindicatos reclámanlle a Europa máis implicación económica para asuntos sociais

Publicado o 08/05/2021 21:07

Xa o venres houbo algunha, pequena, pero a desta tarde no centro da cidade colapsou por completo as rúas e estradas. Tratábase dunha contramanifestación dos sindicatos e da esquerda portuguesa ao que acudiu por certo unha respresentación do Bloque Nacionalista Galego.

Miles de persoas reprocháronlles aos dirixentes reunidos esta fin de semana que o pacto social que alcanzaron non pode ser executado sen partidas orzamentarias e esixen máis compromiso cos dereitos dos traballadores e a suba de salarios.