CRTVG

Buscar

Os sindicatos reclaman unha xestión exclusivamente pública das residencias

Publicado o 02/07/2020 15:21

Os sindicatos UXT, CIG, Comisións Obreiras e CSIF reclaman un modelo enteiramente público nas residencias e centros de atención á dependencia.

Convocaron un encontro cos partidos, ao que asistiron PSdeG, BNG, Galicia en Común e Marea Galeguista, para reclamarlles unha xestión pública deses centros.

Os sindicatos denuncian que os traballadores das residencias levan seis semanas protestando polas súas condicións laborais.

Noticias web

02/07/2020