CRTVG

Buscar

PSA Vigo pechará a súa planta o mércores 18 de marzo

Publicado o 17/03/2020 11:21

Os sindicatos UXT, CUT, CCOO e CIG solicitan que o peche da planta de PSA en Vigo se produza hoxe mesmo e non o mércores, como avanzou a multinacional gala.

PSA Vigo pechará  a súa planta o mércores 18 de marzo, unha medida que afectara aos seus 7.000 trabalaldores. Pecha todos os seus centros de produción de Europa para tratar de frear a expasión do coronavirus que tamén está a afectar ao seu plantel e ante a falta de subministros. A medida afecta a preto de 140.000 empregados, 51.000 deles en Francia.
O peche será ata o 27 de marzo e realizararase de xeito escalonado, hoxe comezan coas factorías de Madrid e Francia, mañá Zaragoza e o mércores pecharán Vigo e Mangualde, en Portugal. Os sindicatos están reunidos coa dirección da empresa para tratar de adiantar o peche en Vigo e que os traballadores da quenda de noite xa non entren.

Outras empresas da automoción sofren de cheo o impacto do corornavirus. En Vitoria, a fábrica de Mercedes tivo que parar a produción este luns despois do plante dos seus 5.000 traballadores. Protestaban porque na factoría houbo un positivo e, segundo din, non se cumprían as medidas suficientes para evitar contaxios. A Seat presentou este luns un ERE temporal para todo o seu cadro de persoal. Son case 15.000 traballadores en toda España. O plan da empresa é pechar a planta de Martorell 5 ou 6 semanas e retomar a actividade o antes posible. E tamén Nissan acordou parar  a planta de Ávila na que traballan actualmente duascentas persoas. 

 

Nun comunicado, PSA explicou que a decisión tomada polo presidente do Consello de Administración e a unidade de crise débese á aceleración do número de contaxios observados nas proximidades dalgúns deses centros, polos problemas de aprovisionamento e pola abrupta caída das vendas de coches.

Este luns está programado o peche da fábrica francesa de Mulhouse e a española de Madrid.

O martes sumaranse outras tres en Francia (Poissy, Rennes e Sochaux), unha en España (Zaragoza), dúas en Alemaña (Eisenach e Rüsselheim), unha no Reino Unido (Ellesmere Port) e unha en Polonia (Gliwice).

O mércores cesarán a súa actividade as factorías de Hordain (Francia), Vigo (España) e Mangualde (Portugal). O xoves, por último, farano as de Luton (Reino Unido) e Trnava (Eslovaquia).

En cada unha delas, os procedementos de peche faranse en coordinación cos representantes dos traballadores, subliñou a empresa.

Outras empresas do sector do automóbil pararon total ou parcialmente a súa actividade en Europa.

O fabricante de pneumáticos Michelin indicou este luns que suspendeu a produción nas súas plantas de Francia, España e Italia, o que afecta a 20.000 traballadores.