CRTVG

Buscar

Os sindicatos paralizan por segunda vez Navantia por "incumprimentos" no protocolo contra o coronavirus

Publicado o 20/05/2020 18:45
Os sindicatos paralizan por segunda vez Navantia por "incumprimentos" no protocolo contra o coronavirus

A incorporación masiva de traballadores a Navantia Ferrol fai que os sindicatos paralicen a actividade da factoría. Denuncian que a empresa non está cumprindo o protocolo de seguridade contra a COVID-19. O venres traballaban en Navantia algo máis de 900 traballadores. O luns chegaban case aos 1.300 e o martes había xa 1.475 operarios no estaleiro.

O aumento de persoal sen novas medidas de protección fixo que os vestiarios volvan estar ateigados e supoñan un risco importante de contaxio. Empresa e sindicatos reuníronse esta tarde para abordar unha posible solución ao problema. Esta é a segunda vez que os traballadores paralizan a actividade de Navantia Ferrol dende que se declarou a COVID-19.

Navantia non se pronunciou publicamente sobre a situación.

Noticias web

20/05/2020