CRTVG

Buscar

Os sindicatos paralizan a actividade en Navantia por falta de limpeza nos vestiarios

Publicado o 22/04/2020 18:01

En Ferrol, os sindicatos paralizan a actividade en Navantia por falta de limpeza nos vestiarios. As instalacións deben limparse antes e despois e cada quenda de traballo. Pero a empresa subcontratada para este labor, Acciona, fixo recentemente un ERTE. Así que non dispón de persoal suficiente. O comité de empresa reclamou xa a semana pasada que se incorporasen todos os traballadores das subcontratas de limpeza. Pero ao parecer, Navantia considera que o nivel de actividade é baixo e que non é preciso restituír todo o contrato a Acciona. Mentres tanto, en Fene un operario de Windar está en corentena ao dar positivo en coronavirus.



 

Noticias web

22/04/2020