CRTVG

Buscar

Os sindicatos néganse a firmar o principio de venda de Alcoa e reuniranse este xoves

Publicado o 04/07/2019 08:24

Alcoa ten pechado un principio de acordo para vender as empresas a Parter, segundo os sindicatos. Onte houbo unha nova reunión en Madrid, que, con todo, rematou sen acordo entre traballadores e empresa despois de seis horas.

Debateron estender a aplicación do ERE ao día 31 deste mes. Tamén din os traballadores que non queren ratificar un proceso de venda no que non participaron.

Hoxe volverán reunirse, nesta ocasión coa presenza do Ministerio de Traballo.


 

Noticias web

04/07/2019