CRTVG

Buscar

Os sindicatos, molestos porque o Goberno reducirá a oferta de emprego público

Publicado o 15/10/2020 08:39

O próximo non semella que vaia ser un bo ano para opositar. O Goberno anuncia que ten intención de reducir a oferta de emprego público case un 40 por cento. E os sindicatos poñen o grito no ceo. 
Consideran que esta proposta do Goberno de reducir nun 37,6 % a oferta de emprego público podería levar a un colapso da Administración Xeral do Estado.

O Ministerio de Política Territorial e Función Pública espúxolles os seus plans aos sindicatos, que os rexeitan por considerar que se poría en perigo a viabilidade da Administración, da que din que xa está nunha situación crítica, sobre todo en ámbitos como a Seguridade Social ou o Servizo Público de Emprego.

O que suxiren os sindicatos é, polo menos, igualar o número de prazas ofertadas o ano pasado, mellorar a súa distribución e axilizar a incorporación dos opositores aprobados.

Hoxe mesmo haberá outra reunión co Ministerio, e estableceuse o vindeiro luns como data límite para rematar as negociacións. Haxa ou non acordo, o Goberno quere aprobar a oferta de emprego público por real decreto, no Consello de Ministros do 27 de outubro.

Noticias web

15/10/2020