CRTVG

Buscar

Os sindicatos instan a Sánchez a reclamar en Europa unha resposta ambiciosa á crise

Publicado o 17/06/2020 20:14
Os sindicatos instan a Sánchez a reclamar en Europa unha resposta ambiciosa á crise

Os sindicatos propoñen aumentar os ingresos púbicos cun imposto europeo ás grandes empresas. Foi o que lle trasladaron UXT e Comisións Obreiras a Pedro Sánchez durante a xuntanza que mantiveron esta tarde na Moncloa.

Trataríase dun imposto do 15% sobre o resultado contable das grandes corporacións. Esta é unha das medidas incluídas no documento da Confederación Europea de Sindicatos para facer fronte á situación derivada do coronavrius. Pídenlle tamén á Unión Europea unha reconstrución máis ambiciosa e un ingreso mínimo comunitario.

Noticias web

17/06/2020