CRTVG

Buscar

Os sindicatos educativos maniféstanse contra o protocolo de inicio do curso escolar da Xunta

Publicado o 22/07/2020 15:13

Os principais sindicatos educativos da nosa comunidade concentráronse ante a Consellería de Educación para pedir un novo protocolo para o inicio do curso escolar.

Din que co protocolo actual non se pode iniciar o curso xa que non garante a seguridade de profesores e alumnos.

Piden á Xunta que se sente a negociar coa comunidade educativa un novo documento que contemple máis profesorado, a redución da ratio de alumnos por aula e orzamento para levara cabo estas medidas.

Son as mesmas medidas que demandan dende o BNG, que estivo apoiando a mobilización.

 

Noticias web

22/07/2020