CRTVG

Buscar

Os sindicatos educativos anuncian mobilizacións en sinal de protesta polo protocolo da Xunta da covid-19

Publicado o 17/07/2020 15:32

Os sindicatos con presenza na mesa sectorial de educación acordan un calendario de mobilizacións en sinal de rexeitamento ao protocolo de adaptación escolar á covid-19.

A primeira concentración será o mércores da semana que ven ante a sede da Xunta pero advirten que non será a única.

Suso Bermello, secretario nacional da CIG-Ensino, sindicato maioritario no ámbito educativo galego, asegurou que nas condicións actuais é inviable comezar o curso.

Noticias web

17/07/2020