Os sindicatos do SEPE din que o ciberataque pon en risco o pagamento das prestacións de abril
Publicado o 23/03/2021 16:57

O ciberataque á SEPE pon en risco o pagamento de 150.000 prestacións en abril. Traballadores e sindicatos do Servizo Estatal Público de Emprego alertan do atraso nas xestións.
Fano despois de que a ministra de Traballo, Yolanda Díaz, negara atrancos no aboamento das prestacións. Din os sindicatos que co ataque informático deixáronse de tramitar 300.000 solicitudes e insisten na falta de persoal para poder poñelas ao día.