CRTVG

Buscar

Os sindicatos desconvocan a folga deste martes dos tripulantes de cabina de Ryanair

Publicado o 07/01/2019 22:09
Os sindicatos desconvocan a folga deste martes dos tripulantes de cabina de Ryanair

Os sindicatos de tripulantes de cabina de pasaxeiros de Ryanair desconvocaron esta noite a xornada de folga prevista para este martes e manteñen os paros do 10 e 13 de xaneiro, ao termo dunha reunión de mediación que mantiveron na sede do Ministerio de Traballo coa dirección da liña aérea, segundo fontes sindicais.

Os sindicatos USO e Sitpla apuntaron nun comunicado que mañá, martes, ás 10.00 horas, continuarán as negociacións para tentar evitar a folga que tamén estaba convocada para os días 10 e 13 de xaneiro. Convocados polos sindicatos USO e Sitpla, os tripulantes de cabina esixen a Ryanair que cumpra coa lexislación laboral vixente en España e que este cumprimento se estenda ás axencias de contratación Crewlink e Workforce, mediante as que están empregados moitos dos traballadores chamados a facer folga.

Os sindicatos prevén que a protesta terá un "impacto nulo" nos traxectos nacionais e "mínimo" para os voos internacionais polos servizos mínimos establecidos, mentres que Ryanair anunciou na súa conta de Twitter que espera operar mañá a programación completa de voos cara a, desde e dentro de España.

O Ministerio de Fomento fixou uns servizos mínimos que obrigan a Ryanair a garantir o 100 % dos voos cos territorios non peninsulares e o 57 % dos servizos internacionais, así como os domésticos sen alternativas de transporte inferiores a 5 horas, e o 35 % no resto das operacións. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/01/2019