Os sindicatos de Alu Ibérica reproban o Ministerio de Industria
Publicado o 17/06/2020 20:31

Os sindicatos da factoría de Alu Ibérica na Coruña, antiga Alcoa, acaban de reprobar o Ministerio de Industria. Critican a actitude do Goberno na última mesa industrial. Din que o Executivo debe garantir que se cumpra o mantemento de emprego na factoría, unha das condicións pactadas na venda da planta. Os sindicatos esíxenlle ao Ministerio que tome as medidas legais necesarias para blindar a continuidade de Alu Ibérica.