Os sindicatos de Alcoa e a Xunta critican a falta de concreción do Goberno central
Publicado o 11/03/2019 15:45
Mesa de seguimento de Alcoa. Sindicatos e Xunta critican a falta de concreción do Goberno central. Analizan o borrador do estatuto para as empresas electrointensivas. O Goberno quere aprobalo, din fontes sindicais, antes do 26 de abril. E a Xunta di sentirse decepcionada porque o texto non recolle as propostas de Galicia. O presidente de Alcoa non ve posible a venda agora.
Desde o Partido Popular acusan a Pedro Sánchez de ignorancia por dar por solucionado o problema de Alcoa na factoría da Coruña. Tampouco en En Marea entenden que a situación estea resolta. Os socialistas galegos din que o compromiso de Sánchez é con Alcoa en España.