CRTVG

Buscar

Os sindicatos convocan concentracións para meterlle presión ao Goberno para negociar

Publicado o 19/01/2021 15:21

Os sindicatos Comisións Obreiras e UXT pídenlle ao Goberno retomar xa as negociacións abertas antes da pandemia. Como medida de presión, convocan, para o próximo 11 de febreiro, concentracións ao mediodía diante das subdelegacións do Goberno de cada provincia.

Reclámanlle ao Goberno que suba xa o salario mínimo e que derrogue as reformas laborais e de pensións. Para Pepe Álvarez, secretario xeral de UXT,  hai que abordar estes temas de xeito inmediato, porque son "aínda máis urxentes ca no mes de marzo".

Pola súa parte, Unai Sordo, secretario xeral de CCOO, asegura que os sindicatos teñen vontade de negociar e preferencia polo acordo, pero engade que non van admitir dereitos a veto nas negociacións sobre materias laborais. "Non se pode volver lanzar a mensaxe de que, se non hai un acordo social, non se toca nada", advertiu.

 

Noticias web

19/01/2021